“Máis de mil litros de choiva por metro cadrado abondarán para recoñecer a baixa salinidade como causa da morte de bivalvos?”. Antón Luaces

26 Decembro 2023

Ata 40 e máis euros chegou a pagarse en mercados galegos o quilo de ameixa babosa nos días previos ao Nadal. A  causa deste altísimo prezo non foi outra que a escaseza do produto, debida esta -segundo os técnicos dos pósitos- á enorme cantidade de auga acumulada nos parques de cultivo no pasado outono, época na que choveu como hai anos, moitos, non chovía.

Esta foi a circunstancia que matou a milleiros de exemplares de cría de berberecho e distintas especies de ameixa, nomeadamente babosa e xapónica, que foron as máis reclamadas -como o son a cotío- durante as pasadas festas de Nadal e, obviamente, o serán en Aninovo e Reis.

As perdas económicas son, para os mariscadores galegos, de grande trascendencia porque para eles a campaña marisqueira ten dous eixos básicos: o verán e as festas de Nadal, Aninovo e Reis. Todo o que non se faga econòmicamente nestas datas vai en prexuizo das mariscadoras e mariscadores, que deberán reanudar a semente sen ningún tipo de seguranza de acadar o tamaño comercial esixido para a venda dos bivalvos. 

Queda unha mínima esperanza de resarcimento: que o Estado compense, mediante a declaración de zona catastrófica, o dano causado, dando deste xeito a Galicia o mesmo tratamento que se dera a outras comunidades autónomas en casos semellantes.

Os pasados días xa se formulou tal petición por parte da Consellería do Mar, e agora será a delegaciòn do Goberno en Galicia quen tramite a mesma para que o Estado recoñeza esa declararación de zona catastrófica nas rías tras a alta mortaldade do recurso por efecto dos temporais continuados, persistentes, na vertente atlántica galega. 

Esa figura declarativa de “zona catastrófica”, utilizada por outras comunidades autónomas, como digo, ante situacións excepcionais semellantes, permite habilitar as axudas necesarias para compensar as importantes perdas económicas ocasionadas pola devandita mortaldade rexistrada nas poboacións de bivalvos.

A solicitude susténtase nos informes elaborados por Meteogalicia e o Intecmar, que certifican que as precipitacións na vertente atlántica entre  o 15 de outubro e o 16 de novembro, superaron os mil litros por metro cadrado e o seu impacto na baixa salinidade nos bancos marisqueiros. Os danos orixinados por semellante acúmulo de choiva, están a ser avaliados polas confrarías de pescadores e os seus servizos tècnicos, e compre supor que as axudas solicitadas non van ser denegadas dada a evidencia de que os mencionados danos son debidos a circunstancias absolutamente naturais e imprevisibles.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.