“Hoxe toca!” – Antón Luaces

22 Decembro 2023

Chega ese tempo sempre especial que, á hora na que o lector repasa o que hoxe publica O Barbanza, xa terá deparado máis dunha sorpresa -oxalá fora para ben de todos- nas terras barbanzás: o sorteo da Lotaría Nacional. 

Serán, coma sempre, as voces marabillosas dos cativos da residencia de San Ildefonso, as que nos transporten a ese mundo de fantasía imparable que é matinar arredor do que se podería facer cun dos grandes premios no noso poder. 

É irremediable: todos queremos máis (como na vella canción) sexa por necesidade real ou por acadar cotas de poder económico que na actualidade non todo o mundo pode ter e ás que todos ambicionamos chegar algún día. Oxalá fora hoxe. 

Será o 7 o número final da cifra, será o 3, será par ou impar?, será unha cifra alta non baixa?.. E todos rematamos coa mesma expresión: outro ano será!. Todos os números “entran” no bombo, e para algúns “elixidos” haberá cava e convite, porque sempre hai beneficiados pola sorte que a outros soe presentarse esquiva. 

Dende primeiras horas da mañá os nenos de San Ildefonso estarán a extraer as bolas. Antes era a radio e agora é a “tele”, pero son todos os medios de comunicación os que están á espreita, perfectamente sinalado onde está cada administración de lotarías co obxectivo de saír “botando lume” para recoller canto antes as opinións dos administradores e, a ser posible, dos gañadores deses arelados premios en xogo desde antes, xa, do almorzo de moitos.

Os números de sempre, o sistema de sorteos de sempre, os cálculos de sempre… só trocaron as pesetas polos euros, actual moeda de cambio en España e outros países da zona euro comunitaria. Todo o demais segue igual: a avoa que bica e rebica o décimo que xoga,  a nai que non desapega da imaxe de San Pancracio esa participación de lotaría regalo do fillo que este mesmo ano atopou traballo após catro de busca, o pai que mercou no bar de Manolo un décimo que era o derradeiro que quedaba pendurado dun fío…. O mesmo de todos os anos, si, pero con anovados azos por mor de non perder as esperanzas que, segundo se di, é o último que se perde,

Pois nada, lector: que toque. E se non, seguir o fío e non deixar de xogar (se é que queremos que nos toque, amén). 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.