Homenaxe ao Tío Marcos da Portela

17 Decembro 2023

Este vindeiro luns 18 de decembro a Asociación de Medios en Galego celebrará unha homenaxe a Valentín Lamas Carvajal, promotor de O Tío Marcos da Portela, primeira publicación escrita integramente en galego.
Saíu á luz o 7 de febreiro de 1876 e con ese motivo a AMEGA, e o Parlamento Galego, vén celebrando todos os 7 de febreiro o “Día dos Medios en Galego”.

Valentín Lamas Carvajal estaba case cego e a súa obra literaria e xornalistica demostra un gran tesón, superación persoal e confianza no labor que desenvolvia. Con “O Tio Marcos” logrou un gran éxito, cunha tirada que superaba os 4.000 exemplares nun momento histórico de grandes índices de analfabetismo. A ironía, o humor e a conexión coas preocupacións dos labregos eran as claves que explican ese resultado.

No acto do luns tamén se falará de Basilio Álvarez, autor dun novidoso Manual de xornalismo, a comezos do século XX. O profesor Miguel Cabo ven de publicar unha completa biografía do “abade de Beiro” na que tamén debulla a súa conexión co idioma galego e co galeguismo.

A homenaxe a Lamas Carvajal comezará o luns 18 ás 11 da mañá no Liceo de Ourense. Organiza a Asociación de Medios en Galego, da que forma parte O Barbanza e Código Cero, que cumpre dez anos, neste 2023.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...