Este xoves abre o prazo de solicitudes para pescar lamprea no río Ulla

13 Decembro 2023

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abrirá a partir de mañá, xoves, 14 de decembro, e por un período de 15 días hábiles, o prazo de presentación de solicitudes para poder pescar lamprea no río Ulla durante a vindeira tempada, segundo figura na Orde que regula a práctica desta actividade que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Medio Ambiente lembra no seu comunicado que a lamprea (Petromizon marinus) é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, xa que para a súa captura seguen a utilizarse procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies. “Esta é a razón pola que cada ano se establece un réxime especial para a súa pesca co obxectivo de que se realice un aproveitamento específico e ordenado da lamprea”, sinalan dende o departamento que dirixe Ángeles Vázquez, engadindo que dentro das pesqueiras tradicionais no río Ulla, existen na actualidade 28 que aínda están operativas. As persoas interesadas en traballar a lamprea nestas zonas deberán estar en posesión da correspondente licenza de pesca e contar co permiso de cuarta categoría para cada día e pesqueira. Xunto cos permisos entregarase un libro de rexistro de capturas que deberá ser debidamente cuberto, estará sempre a disposición das autoridades competentes e, unha vez rematada a tempada, terá que ser enviado ao Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra.

Tal e como establece a orde, para o exercicio da pesca con aproveitamento nas pesqueiras do río Ulla expedirase a licenza das clases A ou B, segundo corresponda, na que se indicará a especie autorizada (lamprea) e se especificará a pesqueira na que se pode practicar esta pesca, de acordo coa lista establecida no Anexo I da orde publicada hoxe.

Segundo a normativa, o período hábil de pesca da lamprea no Ulla para o vindeiro ano será nas pesqueiras de Areas (Herbón), do 1 de xaneiro ao 23 de marzo, e no tramo comprendido desde a pesqueira As Vellas (Herbón) ata a pesqueira da Trapa (Herbón), ambas incluídas, do 29 de xaneiro ao 20 de abril. No que atinxe ao tramo comprendido desde as pesqueiras da Caseta e Furado (Carcacía) ata a pesqueira de Lampreeiro, lugar das Pesqueiras (Reis), todas incluídas, será do 5 de febreiro ata o 4 de maio.

Polo que respecta aos horarios, as redes só poderán estar colocadas desde as 20,00 horas ata as 08,00 horas, quedando prohibida a realización dos labores de pesca –é dicir, que deberán levantarse as redes das pesqueiras- entre as 08,00 horas dos sábados e as 20,00 horas dos luns.

Outros artigos

Este domingo celébrase a nova edición da BTT de Muros

As inmediacións do campo de fútbol Agra da Filgueira de Louro serán o escenario este próximo domingo, 25 de xaneiro, da BTT de Muros (3 horas de resistencia), unha das probas da Copa Galicia deste ano. Trátase dunha proba organizada polo Club Ciclista de Muros en...

+

En Muros o Concello comeza as obras para sanear e renovar a rúa Real

O Concello de Muros informou do comezo as obras para o saneamento e a renovación do pavimento da rúa Real, cun investimento de 240.000 euros. Por este motivo, desde este xoves, 22 de xaneiro, e ata novo aviso, permanecerá pechado ao tráfico o acceso á rúa Real dende a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.