Este venres celebrarase no auditorio da Casa da Cultura de Outes o Concerto de Nadal da Coral Francisco Añón que está incluído dentro do programa do Concello (Área de Cultura) Nadal en Outes. Actuarán a Coral Feminina Barbanza de Noia, o Grupo Vocal e Instrumental Atlántico de Noia e a Coral Polifónica Francisco Añón da Serra de Outes. A dirección musical correrá a cargo de Alejandro Guillermo. A cita será este venres 29 de decembro na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas. Organiza a Coral Francisco Añón e colabora o Concello de Outes.




