
O vindeiro domingo 31 de decembro temos en Noia unha cita coa solidariedade deportiva. Será ás 17:00 horas cunha nova edición da San Silvestre de Noia, que, como cada ano, recolle alimentos para Cáritas Diocesana de Noia. O trazado será un trazado accesíbel de tres quilómetros para permitir a máxima participación (e a máxima cantidade de doazóns).
Con todo, segundo informou a organización, tanto se temos previsto correr os 3 quilómetros da proba, coma se (por calquera circunstancia) preferimos non facelo, é posíbel colaborar con esta iniciativa solidaria do Concello de Noia e do Club Atletismo de Noia (CAN), facendo contribucións en forma de produtos alimentación básicos ou alimentos típicos navideños.
Non se require inscrición previa.
Haberá trofeo para a gañadora ou o gañador.
O Concello agradeceu a colaboración, unha vez máis, de Protección Civil de Noia, Policía Local Noia e de Cruz Vermella Noia.



