“E van tres: agora, Podemos”. Antón Luaces

05 Decembro 2023

Foron tempos de esperanza para moitos cidadáns españois. E en todos os casos, afogaron na orela. Na España democrática non teñen cabida os experimentos, a teor do acontecido cos intentos levados a cabo tanto no contexto nacional coma  no autonómico.  

Desta vez, semella que Podemos -o partido fundado, entre outros, por Pablo Iglesias Turrión, Juan Carlos Monedero e  Ïñigo Errejón- vai seguir os pasos marcados anteriormente por Unión, Progreso y Democracia (UPyD) que liderara Rosa Díez, e por Ciudadanos (liderado por Albert Rivera, cofundador do partido xunto con Arcadi Espada, Albert Boadella e Félix de Azúa).

Podemos abandona o proxecto SUMAR, ,de Yolanda Díaz, e pasa a se integrar no Grupo Mixto do Congreso dos Deputados coa idea preconcebida de presionar ao Goberno PSOE-SUMAR que conta cunha extensa listaxe de partidos minoritarios que apoiaron a elección de Pedro Sánchez na presidencia do Executivo, pero que non garanten esta lexislatura.

En Galicia xa se deran intentos semellantes: COALICIÓN GALEGA. BNG-NÓS, RECORTES CERO-GRUPO VERDE, CIDADÁNS-CENTRUM, UNIDOS POR EL FUTURO, GANEMOS GALICIA (Gañemos), ou MAREA GALEGUISTA, entre outros. Todos quedaron na gavia. Será este tamén o destino final de PODEMOS e os seus cinco deputados sobreviventes tendo en conta a próxima convocatoria de eleccións autonómicas en Galicia e Euskadi e as do Parlamento Europeo?.

A atención, após coñecer o afastamento de SUMAR e a súa integración no Grupo Mixto, fai que o futuro de PODEMOS vaia da man do que, directa ou indirectamente, continúa a ser o seu máximo referente, máis aló de Ione Belarra e Irene Montero: Pablo Iglesias Turrión.

Aínda que non resulta creíble que os deputados de PODEMOS cheguen a votar favorablemente propostas de PP-VOX, sí é probable que se absteñan en votacións que, no Congreso dos Deputados, os seus cinco votos sexan absolutamente necesarios para o Goberno de Pedro Sánchez. Por exemplo nos orzamentos de 2024, o que indirectamente significaría votar o mesmo que o PP e VOX, partidos cuxo apoio neste caso ao Goberno non semella probable, por descontado.

No Grupo Mixto, Podemos perde protagonismo político. E sen este, o seu futuro non ten garantía de permanencia.

Amáis, os parlamentarios “podemitas” reducen a súa presencia nas sesións parlamentarias á emisión do voto, algo simplemente testemuñal. Seguirán, sí, a percibir unha asignación mensual de 1.700 euros para gastos de funcionamento, e terán que distribuir cos deputados de BNG, UPN e CC os 30.346,72 euros da subvención fixa que recibe cada grupo, por canto Podemos non conforma grupo de seu.

Un camiño non moi doado de percorrer e que pode levar ao desmantelamento do partido antes, incluso, das vindeiras eleccións Europeas. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.