Detido un veciño da Pobra acusado de 33 roubos con forza

15 Decembro 2023

A Garda Civil detivo a un home como suposto autor de 33 delitos de roubo con forza ocorridos entre os meses de setembro e decembro deste ano na zona da Pobra.

O detido aproveitaba a ausencia dos propietarios para cometer os roubos, principalmente en vivendas deshabitadas durante o día. No momento do seu arresto, atopáronselle varias ferramentas utilizadas nos roubos, así como obxectos subtraídos . O detido foi posto ao dispor xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión. Ademais, continúase coa investigación para esclarecer outros posibles feitos delituosos nos que podería estar implicado.

A Garda Civil destacou a importancia da colaboración cidadá na resolución deste caso, agradecendo aos veciños que achegasen información que resultou clave para a detención do acusado.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...