Deportistas de primeiro nivel confirman a súa participación este domingo na Sin-Son 10K. As probas escolares, celebrarase o sábado 16

16 Decembro 2023

A Sin-Son 10K de Porto do Son, un dos grandes acontecementos deportivos desta recta final de ano no panorama galego e estatal, segue a ser un importante foco de información, a poucos días da súa celebración (o vindeiro 17 de decembro con actividades na xornada previa). Segundo puidemos saber, xa confirmaron a súa participación corredores/as de primeiro nivel, entre os que atopa o triatleta pontevedrés Pablo Dapena, que será deportista convidado. Tamén confirmaron a súa asistencia Laura Santos (natural da Pobra, gañadora en 2021 da carreira e terceira clasificada na edición 2022), Edymar Brea e Alejandro Fernández.

Dapena ten un dos currículos máis destacados do novo deporte galego: acadou un ouro e unha prata nos mundiais de tríatlon de longa distancia nos anos 2018 e 2019, e unha medalla de prata no europeo do 2018. Conta tamén con dúas medallas de bronce no Ironman europeo, os anos 2019 e 2022.

Conta atrás

A Sin Son 10K celebrarase o domingo 17 de decembro a partir das 11.00 horas, coa tradicional proba específica para a rapazada no día previo (día 16), en ámbolos casos coa vila de Portosín como centro de operacións. Do mesmo xeito que ano pasado, o evento incluirase no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.

As probas rexeranse pola normativa rexistrada na web www.sinson10k.com. O ano pasado participaron 2.000 deportistas (cota máxima), sumando a proba grande do domingo, a clásica dos 10 quilómetros, coa proba escolar e a nocturna dos cinco quilómetros (a xornada previa).

Respecto da carreira absoluta (Sin Son 10K), terá saída será ás 11:00 h e disputarase sobre unha distancia de 10 quilómetros en ruta entre as localidades de Portosín e Porto do Son. Estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán Portosín (o día 16 de decembro na Casa da Cultura, na Feira do Corredor dende as 19.30 ás 21.00 h) e en Portosín mesmo día da carreira en horario de 8.00 a 10.30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto da zona de saída.

Respecto da xornada previa, a das probas escolares, celebrarase o sábado 16 a partir das 17.00 horas, en Portosín. O límite será de 500 participantes. Será unha proba de balde. A meta estará na zona portuaria da localidade. A recollida de dorsais efectuarase dende as 15.30 horas da tarde na localidade de Portosín (zona portuaria) onde estará instalada a meta.

Entre os participantes estará o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda quen correrá en Portosín o domingo e quen estes días entrenaba polas rúas de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...