Datas para os exames das oposicións da Xunta en 2024

28 Decembro 2023


Os primeiros en examinarse serán os aspirantes a funcionarios da categoria máis alta, a A1, que están chamados para finais de xaneiro.


O Goberno galego ha aprobado este xoves a publicación do calendario dos primeiros exames para 22 procesos selectivos de emprego público na Xunta. As probas arrincarán o 30 de xaneiro de 2024 coas da escala de letrados e estenderanse ata marzo do 2025.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu ao termo da reunión semanal do Consello e explicou que estes 22 procesos constarán de 1.147 prazas en total, a metade de acceso libre (562) e a outra metade (585), de promoción interna, é dicir, para funcionarios que queiran ascender.
En canto ás de acceso libre, comezarán o 30 de xaneiro coas da escala de letrados (corpo A1). Continuarán o 16 de marzo cos exames para a escala superior de estatísticos (A1) e para a de sistema e tecnoloxía da información (A1).
Outras que teñen xa datas fixadas para o primeiro exercicio son as probas para vacantes de limpeza e cociña (AP), así como as especialidade de recursos naturais e forestais, que serán todas elas o 16 de novembro.

Ao día seguinte, o 17, serán as probas para a escala superior de orientación laboral (A1) e para a escala técnica de orientación laboral (A2).
Así mesmo, aínda que aínda sen data concreta, a Xunta celebrará en outubro as probas para as escalas de inspección turística (A2), de técnico de condución (C1), de xestión ambiental (C1/B) e de capataces de recursos naturais e forestais (C1).

En decembro, serán as de oficial de recursos naturais e forestais (C2) e de arquivos, bibliotecas e museos (C2). Para xaneiro de 2025 fixaranse os exames da escala técnica de delineantes (C1/B), a de mantemento de servizos (C1) e de análises de laboratorio (C1).

En canto ás prazas reservadas para discapacidade intelectual, un total de 35, os primeiros exames serán en febreiro de 2025 para limpeza e cociña (AP) e en marzo dese mesmo ano para persoal de xestión e servizos (C2).

Finalmente, as de promoción interna serán todas o 14 de decembro de 2024: corpo superior de Administración xeral (A1), corpo de xestión (A2), corpo administrativo (C1) e corpo de auxiliar administrativo (C2).

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.