“Da Marcha Verde marroquí, á Marcha Azul chinesa”. Antón Luaces

03 Decembro 2023

A de Marrocos no antigo Sáhara español  foi unha Marcha Verde protagonizada por milleiros de marroquís -entre estes moitos militares  da mesma nacionalidade- aproveitando as últimas horas de vida de Franco e as primeiras de Juan Carlos de Borbón como xefe do Estado en funcións.

Desde aquela ata os nosos días non se produciron accións semellantes ata este domingo, precísamente, no que buques de pesca chineses levan a cabo o que ben podemos denominar “marcha azul” que bloquea un atolón filipino. É unha estrana batalla naval arredor do arrecife Whitsun de Filipinas, cuxa propiedade reclama China.

Aproximadamente un cento de barcos da “policía marítima” chinesa rodean ese illote situado nunha rexión estratéxica e altamente “inflamable”, segundo distintos medios de comunicación, que Beijing utiliza no canto dos seus buques de guerra. Segundo informaron patrulleiras filipinas, hai un “enxame de máis de 135 barcos chineses, despregados arredor do arrecife Whitsun (tamén chamado Julián Felipe), a uns 320 quilómetros ao oeste da illa de Palawan. O arrecife, que ten forma de boomerang, aínda que situado a máis de 1.000 quilómetros da illa chinesa de Hainan, forma parte do arquipélago Spratly, reclamado por China, Filipinas e varios países da ribeira do mar de China Meridional.

A Garda Costeira de Filipinas xa detectara 111 buques da “milicia marítima chinesa” na zona o 13 de novembro, pero esta vez contaron máis de 135 que non deron resposta ás chamadas de radio realizadas pola Garda Costeira filipina.

Non é esta a primeira vez que se rexistra unha acción destas características, xa que logo en 2021, uns 220 barcos chineses levaban varias semanas estacionados perto de Whitsun Reef que, segundo Pekin, eran embarcacións que se refuxiaban do mal tempo. De feito, a mariña chinesa armou unha frotiña cuxa misión principal ten carácter policial e de defensa das súas costas, incluídos os illotes Spratly.

Como xa é coñecido, China reclama case que todo o Mar Meridional,  incluídas as augas e illas próximas ás costas dos seus veciños, tanto poa razóns militares como porque se baralla a posibilidade  da súa riqueza en petròleo. Ignora China a sentenza do tribunal internacional de 2016 de que o seu reclamo non ten base legal. Beijing, amáis de despregar esa frotiña policial, está a construir illas artificiais militarizadas para afortalar as súas posicións.

China ignora, para o seu proveito, toda canta normativa existe en materia pesqueira en augas de distintos continentes; pero é inflexible no resgardo das que considera ou son oficialmente augas do seu dominio sen que ninguén, agás Taiwan (e agora Filipinas), discutan ou poñan en entredito tal cuestión. A presenza das frotas pesqueiras chinesas en augas africanas e suramericanas, sen ter o carácter intimidatorio que teñen nas do Mar Meridional, contribúen a esquilmar caladoiros sempre ricos e compartidos por frotas de distintas nacionalidades que, nos últimos anos, ven reducidas notablemente as súas posibilidades de pesca nos mesmos como consecuencia da presenza nelas de grandes buques arrastreiro con bandeira china. Velaí o caso dos caladoiros de Marrocos, onde se reduciu significativamente a presenza de barcos de pesca da UE (especialmente os de bandeira española).

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.