Comisións Obreiras reclama máis persoal para a área sanitaria de Santiago-Barbanza

21 Decembro 2023

O sindicato comarcal de CCOO na área sanitaria de Santiago-Barbanza reclama máis persoal para poder dar, en palabras da agrupación de traballadores, “unha axeitada atención e esixe que se respecte o dereito dos traballadores e das traballadoras á desconexión dixital”. Segundo Comisións Obreiras, a situación que están a vivir os profesionais da medicina de familia nesta área é “insonstíbel”.

Desde CCOO sinalan que “a mingua de recursos na atención primaria foi constante nos últimos anos, provocando o esgotamento físico e mental dos traballadores e das traballadoras, pero tamén a saturación dos puntos de atención continuada (PAC) e dos servizos de urxencias, «onde tamén escasea o persoal”. Tamén din que “actualmente hai centros en que, de seis profesionais, pode haber só tres traballando, que se atopan absolutamente desbordados pola decisión do SERGAS de non cubrir as ausencias”.

Desconexión dixital

Comisións Obreiras engade que “o persoal ve constantemente dificultado o seu dereito á conciliación da vida laboral, persoal e familiar porque moitas veces non saben ata o día antes se poderán ir de vacacións, gozar dun permiso ou día de libre disposición”. Ademais, critican que “as quendas de traballo maratonianas desenvólvense en condicións de continua tensión”, e a isto “súmanse as presións desde a Xerencia da Área Sanitaria”. Comisións Obreiras denuncia que “son constantes as chamadas e mensaxes de Whatsapp fóra do horario para instar a facer quendas a maiores, calquera día e a calquera hora”. Isto, di o sindicato, “vulnera o dereito á desconexión dixital e impide o necesario descanso do persoal”.

Outros artigos

Domingo con choivas que dan paso a tempo seco

Na xornada do domingo persistirá aínda a inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados, con precipitacións, máis frecuentes e intensas pola mañá, que tenderán a ir desaparecendo a medida que avance a tarde. Estas precipitacións virán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...