“Chulos e prepotentes” – José Manuel Pena

15 Decembro 2023

A honestidade está a converterse nun ben escaso, na sociedade actual, en favor da prepotencia, a chulería e a insensibilidade social e humana. Demasiados “personaxes” da política, do mundo financeiro, empresarial así como da farándula apenas recoñecen os seus erros e excesos. Viven nun mundo creado por eles e para eles, onde non teñen cabida o resto de mortais que se dedican, entre outras cousas, a traballar para subsistir, cun pouco de sorte.

Cando, algúns deles, son condenados por sentenzas xudiciais firmes a culpa sempre é dos demais ou do propio sistema. Sistema, por certo, do que se aproveitan para vivir como marqueses, sen dar pau á auga. Que se preocupen os demais “pobres diaños” das inxustizas sociais e dos cidadáns máis indefensos. Eles xa teñen bastante con pensar onde viaxar, nas súas longas vacacións, ou a que restaurante, “estrela michelín”, irse a cear, un día si e outro tamén, ou a que país dirixirse en busca de turismo sexual ou simplemente estudar que último modelo de turismo poder axenciarse. A ética bríllalles pola súa ausencia, aínda que en demasiadas ocasións permítense a licenza egocéntrica de querer ser exemplo para os demais.

Oírlles dicir, publicamente, que o único que lles preocupa son a súa familia e seres queridos xa demostra a escasa empatía e sensibilidade cara ao resto da sociedade que lles rodea. Non pensan máis que neles mesmos e no seu status, que desexan manter custe o que custe, a través de paraísos fiscais, estafas, corrupción, difamacións, especulación e de todo tipo de delitos e malas prácticas.

Outros artigos

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.