“Berberechos e ameixas, en Galicia, e ostras en Francia”. Antón Luaces

28 Decembro 2023

Non é Galicia a que, de xeito exclusivo, padece as consecuencias do mal tempo no eido do marisqueo; se aquí nos queixamos da baixa salinidade que rexistran as rías máis propicias para a produciónn de berberecho e ameixa, a conca de Archachon, en Francia, pasa estes días poo unha situación asimesmo problemática. Ata tal punto é así, que a prefectura de Gironda anunciou recentemente a prohibiciòn temporal da venda de ostras na devandita conca polos casos de intoxicación alimentaria colectiva rexistrados.

Ao parecer os síntomas son semellantes aos dunha gastroenterite aguda, se ben ata o de agora non se rexistrou ningún caso grave, segundo o informado por parte das autoridades. Están a se realizar pescudas sobre a trazabilidade, pero varios informes cadran en sinalar que as ostras da conca de Arcachon “están en dúbida” xa que logo as análises levadas a cabo en ostras cultivadas localmente confirmaron a presenza de “norovirus”.    

Após a consulta coas organizacións sanitarias, a prefectura prohibiu temporalmente as actividades de extracción e comercialización destinadas ao consumo humano de todos os mariscos da conca de Arcachon, incluido o banco de Arguin.

Por este motivo, os lotes de marisco colleitados nestas zonas deben ser retirados da venda, pregándose ás persoas que teñen ese marisco non o consuman e procedan a devolvelo ao punto de venda. 

A medida será suspendida en canto a calidade sanitaria do marisco sexa plenamente satisfactoria. Afecta principalmente aos ostricultores cuxa produción adornaría moitas mesas este domingo pola noite con motivo da Noitevella.

Os ostricultores declaran ser vítimas da saturación das redes de augas residuais e pluviais, o que provoca “desbordamentos no medio natural” que contaminan as zonas de produción. 

Dous meses despois das tormentas que arrasaron varias hectáreas de criadoiros de ostras no banco de Arguin, os profesionais temen “unha crise económica sen precedentes” preguntándose -coma no caso de Galicia- “quen pagará a conta?”.

A produción de ostras na zona en cuestión rolda as 8.000 toneladas anuais, o 10% da produción nacional francesa.

En Galicia, como xa se informou en O Barbanza, a Consellería do Mar tramitou, a través da delegación do Goberno nesta comunidade autónoma, o recoñecemento de zona catastrófica os bancos marisqueiros afectados pola choiva rexistrada durante boa parte dos meses de outubro e novembro, que fixo que descendera a salinidade do mar nas rías provocando así unha alta mortaldade no marisco bivalvo.

Outros artigos

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

+

“1.635” – Xulio Xiz

A U.E. veu racionalizar determinadas festas neste país trasladándoas ao domingo inmediato, para harmonizar o calendario de traballo nos diversos países, aínda que en ocasións como o Nadal sigan existindo festivos e vésperas alternándose con tal ritmo que é difícil...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.