No medio das festas do Nadal, as reservas están baixas para A postivo, Cero positivo, B positivo e negativo e AB negativo
As reservas de sangue en Galicia non pasan por bos datos, con falta de todos os grupos a excepción do A negativo e do AB positivo, que están en niveis normais. Pola contra, os niveis de reserva son “críticos” para o grupo cero negativo e baixos para todos os demais — A positivo, Cero positivo, B positivo e negativo e AB negativo–.
A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue lembrou que a actividade dos hospitais galegos necesita unhas 500 doazóns ao día. O incremento de accidentes de tráfico durante épocas festivas, así como o desprazamento de doantes habituais, fan necesario intensificar o chamamento ao conxunto da poboación para que acuda a doar aos centros de ADOS ou ás súas unidades móbiles.




