“As nais palestinas tamén choran aos seus fillos asasinados nunha guerra absurda”. Antón Luaces

20 Decembro 2023

Son pai e avó. Forméi parte dunha familia integrada polos pais (xa finados) e catro irmáns (dous tamén mortos) e, á miña vez, teño catro fillos e catro netos (após o pasamento dun deles aos 9 aniños). Non son xudeo e tampouco palestino, pero teño amigos e coñecidos en ambos os bandos. Dende vai anos sigo con interese esa guerra que non remata na que o mundo occidental nos meteu cando, en 1947, o Reino Unido acudiu a Nacións Unidas na percura dunha resolución ao xa daquela conflito de Palestina. Tal resolución (a 181) dividiu a rexión en dous Estados: un árabe e outro xudeo. 

Pero antes de 1947, ningún destes dous Estados existía oficialmente, malia o feito de que os xudeos acadaran a independencia do Reino Unido e formaran Israel. Palestina, como nación, foi consecuencia da OLP (PLO) en 1964. 

A terra que actualmente se desputan Israel e Palestina ten, sen embargo, milleiros de anos de historia: ao longo desta ambas as rexións foron habitadas por diferentes grupos. Era a terra de Canaán onde, xunto cos cananeos estaban, entroutros, os israelitas (grupo étnico semita que, históricamente, radicaban estabelecidos na terra arredor do 1200 antes de Cristo). 

Os gregos antigos denominaron Palestina á mesma rexión, se ben o concepto do moderno estado palestino distinto a Israel é moito máis recén. Ese territorio de Palestina foi asignado,, após  a I Guerra Mundial, ao Reino Unido para a súa administración. Esta ocasión foi aproveitada polo movemento sionista para asentar ao pobo xudeo en Palestina. E finalmente, en 1948, coa proclamación da independencia do Estado de Israel no territorio, todo mudou. A vida para uns e outros convertiuse nunha loita permanente á que nunca foron alleos os intereses de países terceiros.

Actualmente, e por enésima vez, xudeos e palestinos -oficialmente habitantes de territorios de seu- volven estar en guerra, con xa 20.000 vítimas -a maioría civís- e destas arredor de 5.000 nenos polos que, obviamente, tamén choran as súas nais e pais. Porque, aínda que se pretenda esquecer, cada neno, cada vítima desta guerra salvaxe e sen sentido, deixa unha familia desfeita, un corazón destrozado, porque son cativiños que necesitaban seren anainados. Tanto como os nenos xudeos, cando menos.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, tenta facer valer o único que, neste momento, debera facerse: dar cumprimento ao que no seu día ditara Nacións Unidas: dous territorios, dous Estados. 

Por que a ONU non actúa con firmeza dunha vez por todas neste asunto?. É que non lles doen as vítimas?. Non son eles pais e nais, avós, capaces de sentir algo polos mortos?. 

Israelitas ou palestinos, a terra é de todos eles á vez. A quen interesan os mortos cando non  dan feito un acordo polos vivos?.

Fágano polas nais. Polos avós . E non polas armas.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.