A Pobra prende as luces de Nadal

02 Decembro 2023

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal.

Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de Papá Noel guiando o evento, as crianzas pedían ser as elixidas para premer o botón; momento no cal se iluminou a árbore situada na dita praza, as grilandas das estradas e os Xardíns de Valle-Inclán.

Deseguido, a atención desprazouse á praza do Emigrante, onde se procedeu coa inauguración do belén municipal.

Uns preparativos que levan semanas e no que traballan arreo os electricistas e a brigada municipal, a quen dirixiu os seus agradecementos o alcalde, José Carlos Vidal, e, en especial, a María Sanmartín, xardineira e artista encargada de darlle un novo toque ao nacemento cada ano.

Posteriormente, para quece-lo corpo nesta tarde fría, convidouse ás persoas asistentes a desfrutar dunha chocolatada con churros e rosca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.