A patronal de Ribeira agradece á Subdelegación do Goberno o interese mostrado ante a preocupación pola inseguridade

04 Decembro 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu os detalles da resposta achegada pola Subdelegación do Goberno da Coruña á pregunta-petición enviada pola patronal o pasado mes de outubro logo do repunte do vandalismo nocturno constatado nesas datas e do raiado de múltiples coches estacionados na contorna da rúa Cordieiro. Naquela carta a asociación atribuía á falta de recursos policiais o crecemento da inseguridade na cidadá, e a necesidade de incrementar os axentes de Policía Nacional en Ribeira viña sendo a razón principal da misiva. Nela reclamábase á Subdelegación “medidas concretas para pór freo á inseguridade con máis efectivos policiais”, petición que, segundo recordaba a asociación, tamén formulou o Sindicato Unificado de Policía (SUP) nunha entrevista recente. A entidade ribeirense lembraba á Subdelegación que “Galicia é a autonomía onde se habilitaron menos prazas de policía, e na nosa cidade, Ribeira, o catálogo de persoal segue sendo o mesmo que o que había na antiga comisaría, non aproveitándose as novas instalacións para incrementar o número de persoal nin ofrecer máis servizos para a cidadanía”.

A resposta da Subdelegación acabada de recibir pola Asociación de Empresarios é, a xuízo da entidade ribeirense, “unha clara mostra do interese demostrado ante a nosa demanda”. Os empresarios recoñecen que a nova misiva da Subdelegación despexa en positivo as dúbidas que puidera haber sobre a dotación de Ribeira, e confirma que a cidade contaría cos recursos que lle corresponden. A patronal explícao deste xeito: “Na certeza e posterior comprobación de que os datos de que dispoñiamos sobre a nosa Comisaría tanto no que a persoal se refire como á dotación de medios para o desempeño do seu labor eran erróneos, pois así nolos transmitiron, dando lugar á nosa demanda, quedamos totalmente satisfeitos coa súa resposta, alegrámonos de que as peticións por nós manifestadas xa estean cubertas case ao cento por cento”. E conclúen: “Só réstanos animar á Subdelegación do Goberno a que persevere en manter as distintas institucións de seguridade totalmente equipadas, tanto en persoal como en medios”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.