A Asociación de Empresarios de Ribeira reclama á Subdelegación do Goberno que incremente na cidade o número de axentes de Policía Nacional

17 Outubro 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de emitir un novo comunicado relativo á necesidade de aumentar a seguridade no concello, e máis tendo en conta o repunte dos actos vandálicos e os delitos que se están a rexistrar na cidade e a súa contorna, por exemplo o raiado de medio cento de automóbiles acontecido na contorna da rúa Cordieiro e rúas lindeiras. Novamente o comunicado reclama ás administracións competentes medidas concretas para pór freo á inseguridade con máis efectivos policiais.

Neste caso concreto, a patronal diríxese principalmente á Subdelegación do Goberno na Coruña para reclamar un incremento no número de axentes en Ribeira, petición que, segundo recorda a asociación, tamén formulou o Sindicato Unificado de Policía (SUP) nunha entrevista recente. A entidade ribeirense lembra á Subdelegación que “Galicia é a autonomía onde se habilitaron menos prazas de policía, e na nosa cidade, Ribeira, o catálogo de persoal segue sendo o mesmo que o que había na antiga comisaría, non aproveitándose as novas instalacións para incrementar o número de persoal nin ofrecer máis servizos para a cidadanía”.

Fachada do novo edificio da Policía Nacional en Ribeira

A Asociación de Empresarios reflicte no seu escrito as declaracións da SUP nas que indicaba o sindicato que “Ribeira carece de grupo policial para o menudeo de droga, estranxeiría,… falta persoal da policía científica, falta radio patrulla, (só hai unha)”.

Ante estes feitos e estes datos, a patronal propón á Subdelegación as seguintes preguntas: “Que temos que facer para que nos tomen en conta? Manifestarnos ante a Delegación do Goberno con carácter semanal? Concentracións diante do Concello e sede da Policía Local? Cortes do tráfico na autovía?”.

No comunicado fan extensíbel o requirimento da seguridade ao alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, a quen lle piden “que reforce a Policía Local nos seus efectivos e faga patente a presenza dos axentes na
rúa, pero a pé, que se lles vexa”.

E engaden: “Non nos vale soamente que inauguren esta praza, aquel paseo ou xardín etc., se despois non podemos gozar deles pola inseguridade que hai nas nosas rúas, comercios, casas, inmediacións dos colexios, aparcamentos… Vostedes, as autoridades, son conscientes e sabedores do gran problema
de drogadicción que temos na nosa cidade. Aquí consúmese a esgalla de todos é sabido, pero máis o é o feito de que se vende en todos os recunchos da cidade e son moitas as persoas foráneas que acoden aos que chamamos xa, supermercados da droga. Os nosos fillos teñen cada vez a idade máis temperá contacto co mundo da droga, e o problema vai a máis. A que agardamos?”.

A patronal conclúe deste xeito: “Polo anteriormente exposto e pola gravidade da situación pedímoslles poñer medidas. Evitar ao 100% a delincuencia non é posible, sabémolo e aceptamos, pero pedimos que non lleo poñamos doado. Esperando ser atendidos nestas peticións por lóxicas, necesarias e de xustiza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

Estos últimos días las visitas al hospital fueron frecuentes para acompañara un buen amigo que se encuentra viviendo unos difíciles momentos por sudelicado estado de salud. Esta circunstancia me abrió un poco más los ojos ala realidad del sufrimiento, el dolor, el...