
España despediu a súa Presidencia do Consello da UE cun acordo pesqueiro cualificado de “satisfactorio” para a frota comunitaria e con moi bos resultados para España,segundo o ministro Luis Planas.
O Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da UE -derradeiro desta Presidencia española- rexistrou “longas e complexas” negociación e fitos relevantes como a aprobación dunha cota histórica para a pescada sur ou a fixación, por vez primeira, de cotas plurianuais en nove pesqueiras para dotar de estabilidade
á actividade empresarial Pesqueira (una das prioridades da Presidencia española do Cionsello).
Acadáronse acordos entre Presidencia, Comisión e Estados membros e houbo información científica dispoñible para protexer a biodiversidade mariña e asegurar o mantemento da actividade pesqueira. Deste xeito puideron tomarse decisións que significan entendemento e información.
O caso da pescada sur saldouse cunha cota de 10.971 toneladas, unha cota “histórica”, a maior no que vai de século XXI, segundo afirmou o ministro Planas, porque é una Pesqueira que beneficia a practicamente toda a frota española que faena no Atlántico.
Significa máis cota para barcos galegos, asturianos, cántabros, vascos e andaluces. Por primeira vez o traballo conxunto da Presidencia española do Consello da UE, xunto co da Comisión Europea e o apoio dos Estados membros, acadou que se fixaran cotas plurianuais -de dous e mesmo tres anos, ata 2026- para nove pesqueiras en augas comunitarias de solla, merlán, badexo, cigala e linguado, feito que, como diciamos, dota de estabilidade e certidume á actividade da frota, dixo o ministro español.
Tamén por primeira vez nos consellos de ministros que deciden TAC e cotas, a reunión naceu cun traballo feito que se traduciu no peche, dous días antes, dos acordos máis importantes con terceiros países, Reino Unido e Noruega.
O acordo co Reino Unido permitirá á UE capturar case 388.000 toneladas de peixe en augas compartidas do Atlántico. E no pacto trilateral entre a UE, Reino Unido e Noruega, centrado nas augas compartidas do mar do Norte, estabelécense uns TAC de 915.000 toneladas , que acordan una cota para os países comunitarios de case 415.000 toneladas de bacallau, eglefino, fogoneiro, merlán, solla e arenque.
No Mediterráneo occidental -onde faenan barcos de Italia, Francia e España- minimízase o impacto do recorte do 9,5% dos días de captura previsto pola Comisión Europea ao se elevar o mecanismo de compensación ao 6% xa que logo evitou a captura de xuvenís e as paradas espazo-temporais- Deste xeito o recorte inicial do 9,5% dos días de pesca no Mediterráneo rebaixan ao 3,5%.
No Atlántico -onde a mellora da cota de pescada sur é dun 9,7% superior á de 2023- tamén se producen subas das capturas permitidas para o gallo (11,4% a respecto de 2022) e o peixe sapo (7,2%) capturado en augas do Cantäbrico e NO, Portugal e Golfo de Cádiz, incrementa outro 5,3%, o que beneficia a Galicia, Asturias, Cantabria, País Basco e Andalucía; e para o xurelo sur, de Galicia e Andalucía. No que atinxe ao bocarte do Golfo de Biscaia (frotas de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia) os TAC van manterse en 33.000 toneladas. A cigala do leste do Cantábrico seguirá aberta cun volume de 12.400 toneladas, un 3% máis que en 2023- para o vindeiro exercicio, mentres que a cigala do Golfo de Cádiz mantén a cota de 2023: 32 toneladas.
E para o conxunto de especies de linguado no Cantábrico e NO., augas de Portugal e Golfo de Cádiz, diminúe a redución proposta inicialmente pola Comisión, que pasa do -33% ao -17%.
O lirio (frota galega) representa un 12% no Cantábrico e NO., Portugal e Golfo de Cádiz, acadando una cota de 50.000 toneladas no acordo co Reino Unido.



