A Igrexa Diocesana de Santiago aumenta nun 40% o investimento en accións pastorais

30 Decembro 2023

O arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, acompañado do Vigairo xeral, José Andrés Fernández Farto, presidiu o Consello de Asuntos Económicos da Diocese, un organismo diocesano encargado de elaborar cada ano o orzamento de ingresos e gastos para todo o réxime da diocese no ano entrante, así como aprobar as contas de ingresos e gastos a fin de ano.
O arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, acompañado do Vigairo xeral, José Andrés Fernández Farto, presidiu este venres o Consello de Asuntos Económicos da Diocese, un organismo diocesano encargado de elaborar cada ano o orzamento de ingresos e gastos para todo o réxime da diocese no ano entrante, así como aprobar as contas de ingresos e gastos a fin de ano.

Aprobouse o orzamento da diocese para 2024 crecerá un 5,82% con respecto ao de 2023, ata os 21,1 millóns.

O máis significativo do balance económico para o 2024 vai ser o incremento en Actividades Pastorais, un 40,9%, ata os 1,7 millóns. Entre estas actividades inclúense a catequese, a liturxia, a actuación social e caritativa e as achegas para as misións ou para Mans Unidas, Cáritas ou as Cociñas Económicas.
Así mesmo, destaca tamén o orzamento de 6,4 millóns de euros que se vai a destinar á conservación de edificios e gastos de funcionamento, o que supón un incremento do 26,27%.

Con respecto aos ingresos, cabe apuntar no orzamento para 2024 das achegas dos fieis -7,4 millóns de euros-, un incremento do 24,58%, e tamén un aumento do 2,81% das achegas do Fondo Común Interdiocesano, chegando aos 6,9 millóns.

Consello de Asuntos Económicos da Diócese de Santiago de Compostela

Outros artigos

Os Trobeiros da Ponte ofrecen este sábado un concerto no Porto do Son

O clásico grupo Os Trobeiros da Ponte ofrecerá un concerto na Casa de Cultura do Porto do Son o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas. Trobeiros da Ponte é unha agrupación musical galega formada por un grupo de amigos apaixonados pola música que se converteu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.