A historia do Apalpador e a nena sen medo chega o 27 de decembro a Dodro

10 Decembro 2023

O vindeiro día 27 A Xanela do Maxín trae a Dodro un contacontos con monicreques baixo o título de O Apalpador e a nena sen medo inspirado no libro de Celtia Figueiras.

Trátase dun espectáculo familiar para a rapazada (a partir de tres anos) que nos conta a historia do Apalpador e a súa xenerosa teima de traer agasallos e castañas dende os montes de Courel, polo tempo de Nadal. Por iso a nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras en galego para encher o corazón e coas que poder voar en soños.

A cita ás seis da tarde na Casa da Cultura de Dodro

O espectáculo encádrase na axenda da Rede Cultural da Deputación da Coruña que forma parte da programación de Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.