A deputada Cristina García anuncia en Ribeira un investimento no Barbanza de máis de 6,3 millóns na fase inicial do Plan Único

14 Decembro 2023

Cristina García Rey, responsábel dos plans provinciais da Deputación da Coruña, estivo este xoves 14 de decembro en Ribeira para, entre outras cousas, detallar o orzamento que a institución provincial asignou ao Barbanza-Muros-Noia: máis de 6,3 millóns na fase inicial do Plan Único, que inclúe o financiamento de obras e servizos públicos nos concellos. No que respecta a Ribeira, a contía será de 964.729,23€. O orzamento total para a provincia da Coruña é de 50.500.000. Ademais, salientou os 64.304.827,66€ investidos no Barbanza e na contorna de Muros e Noia nos últimos anos.

“O Plan Único da Deputación da Coruña (POS+)”, explicou a deputada, “serve para o financiamento de obras e servizos públicos de todos os concellos da provincia, que contribúan a mellorar o benestar dos seus cidadáns”.

No caso de Ribeira, o Plan Único permitiu financiar parte do gasto corrente (alumeados públicos, auga, parques e xardíns, persoal, etc.) e tamén algunhas obras como a renovación da liña de auga para consumo, a construción de parques cubertos no lugar da Ameixida, ou o saneamento de diferentes rúas, entre outras.

A deputada cos membros do Goberno local nunha imaxe de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira)

“O POS+ permítenos realizar investimentos non só no centro urbano de Ribeira, senón tamén dotar de servizos fundamentais a tódalas parroquias. A achega de servizos básicos é fundamental para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza e fomentar un desenvolvemento sustentábel. Grazas a estes fondos o Concello de Ribeira poderase desenvolver económica, social e culturalmente”, sinalou pola súa banda o rexedor ribeirense Luís Pérez, ao que engadiu a deputada: “Esta ferramenta serve, en definitiva, para que os concellos gañen en eficiencia na xestión do gasto, tomando as decisións pertinentes de acordo á súa realidade, e para que os veciños e veciñas gañen en benestar”.

Na presentación tamén estiveron presentes o tenente de alcalde Vicente Mariño e o segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.