A Deputación apoia con 100.000€ o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

26 Decembro 2023

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, asinou un convenio de colaboración coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), polo que se instrumenta unha subvención nominativa de 100.000€ para o co-financiamento do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Sada 2023. A achega da Deputación supón un 70% do orzamento total do proxecto.

Este evento consiste nunha conmemoración marítima bienal e itinerante que congrega ás diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego e doutras zonas xeográficas, acompañada de actos culturais e de lecer, xornadas de conferencias, coloquios, exposicións, publicacións, música e danza tradicional e artesanía, entre outras actividades complementarias.

Xosé Regueira destacou o “innumerable patrimonio marítimo de Galicia”, agradecendo o labor de entidades como Culturmar para a súa posta en valor, “un traballo que non podemos máis que apoiar dende a Deputación”, sinalaba, “e que agradecemos e aplaudimos, apostando por unha extensa programación que vai máis aló do propio evento”.

Celebrado en Sada o pasado mes de agosto, o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia acolleu a máis de 100 embarcacións de diferente tipoloxía (dornas, botes, chalanas, galeóns…) que encheron a ría, e tamén o paseo marítimo cun amplo programa de actividades culturais relacionadas co mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.