A Creba xunta a súa comunidade do Barbanza nunha festa de Nadal á que acudiron unhas 70 persoas

22 Decembro 2023

A Asociación Saúde Mental A Creba fixo o peche de ano cunha festa de Nadal á que asistiron máis de 70 das persoas usuarias dos centros de Barbanza (emprazado en Ribeira) e Muros-Noia (con sede en Noia), a localización escollida foi a sede desta entidade na capital barbancesa. Durante o acto festivo, no que se degustaron doces e aperitivos destas datas, aproveitouse para proxectar un vídeo ilustrativo sobre o labor da asociación durante o presente ano.

Dende o equipo da Creba anunciaron que a asociación voltará en 2024 “con máis forza, traballando, como leva facendo desde hai tantos anos, polas persoas con doenzas mentais e defendendo os seus dereitos, sendo deste xeito o altofalante dun colectivo estigmatizado e esquecido”.

O equipo da entidade tamén recordou ademais das persoas que asisten a diario aos centros de rehabilitación psicosocial e laboral, dispoñemos de atención a persoas externas mediante outro tipo de programas sociais, convidando a todas aquelas persoas a informarse sobre os servizos desta entidade e animando á poboación a concienciarse sobre as doenzas mentais.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.