A Carpa Solidaria de Boiro acolle esta semana tres espectáculos infantís

26 Decembro 2023

A Carpa Solidaria que o Concello de Boiro volveu habilitar este Nadal na praza de Galicia será esta semana un fervedoiro de actividades culturais para a rapazada. Sen ir máis lonxe, este martes 26 de decembro a carpa acollerá o espectáculo A xogar cos trasnos de Nadal. Será ás 18.30 horas e virá da man de Barafundas. Trátase dun espectáculo para público infantil e familiar.

Ao día seguinte será a quenda da agrupación Animar-T, que ofrecerá á rapazada (nenos pero tamén maiores) a función A bailar no Nadal. Será na Carpa Solidaria ás 18.30 horas deste mércores 27 de decembro.

As actividades proseguen o venres 29 de decembro ás 18.30 horas, da man de Trémola Teatro, que ofrecerá a cita cultural Elfos en prácticas, un espectáculo para público infantil e familiar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.