Xoves con sol e temperaturas en lixeiro ascenso durante o día

22 Novembro 2023

A comarca continuará durante o xoves baixo influencia anticiclónica e circulación de nordés. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do nordés, frouxos, con intervalos de moderado; na costa serán fortes no litoral norte e noroeste e moderados no resto.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á tarde e do leste á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 0.5 a 2.1 metros á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.