“Vinte e un nomes de mariñeiros para manter viva a memoría galega en Terranova”. Antón Luaces

22 Novembro 2023

Nos últimos 150 anos cada onda do mar de Terranova, cada quilómetro no vento que zoa nesa terra-mar de frío-neve, de sabañóns, augardente e mexo nos dedos para que non se conxelaran, levan un nome galego ou de residente en Galicia. Cada “praia”, cada peixe, cada lance realizado en Terranova ten acento propio de Galicia.
Porque Saint John é a historia mesma da pesca galega no seu referente bacalloeiro ou fletaneiro, entre outros de especies e caladoiros que falan por sí sós do mundo da pesca deseñado no noroeste da península Ibérica. Nas augas de Terranova pescaron e aínda pescan ducias de aqueles centos de galegos que foron escribindo unha historia interminable de loita contra a adversidade e que morreron entre outros centos, milleiros de mariñeiros que coma eles e con eles compartían tarefas, chegados de Euskadi, Galicia e Portugal, maiormente. Eran as potencias pesqueiras nunhas illas nas que os seus habitantes falaban francés e inglés e que máis cedo que tarde aprenderon expresións propias de Galicia, unha terra que descoñecían pero que pasou a formar parte do seu día a día entre cantos, bailes e txiquitos.
Aló hai un cemiterio cos restos de non poucos mariñeiros galegos testemuñas dese pasado-presente que ten eixo fundamental, desde febreiro de 2022, na historia -dura e amarguenta- dos 21 tripulantes do arrastreiro de Marín “Villa de Pitanxo” cuxos nomes figurarán para sempre nunha placa como memoria dunha historia que nunca vai rematar de se escribir porque xa resulta imposible separar, desligar, Galicia de Terranova.
Este mércores, o delegado do Goberno en Galicia comprometéuse coas familias deses mariñeiros a perpetuar a memoria deles en Saint John. Será cando xa estean cumpridos os primeiros dous anos daquela traxedia aínda non totalmente clarexada. Membros desas familias pediron ao representante gobernativo Pedro Blanco que mediara na colocación dunha placa que homenaxee no porto canadiano de Saint John ás 21 vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo. Na placa figurarán os nomes de cada un deses mariñeiros falecidos no nauffaxio e será a derraxeira homaxe colectiva que se tribute aos finados.
A vindeira semana os armadores do pesqueiro afundido comparecerán na Audiencia Nacional, onde se sigue a instrución do caso, se ben falta que se decrete o xuízo oral.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.