Vinte e tres obras buscan alzarse co VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro da Pobra

02 Novembro 2023

O xurado do VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro deberá decidir a obra que merece a distinción entre o total de vinte e tres orixinais presentados.

Marcos Calveiro, director de edicións de Galaxia; María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia; e María Canosa, gañadora da quinta edición; integrarán o tribunal para tal cometido.

Convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia, o dito certame busca estimula-la produción literaria destinada a un público lector con idades comprendidas entre os 8 e 12 anos, promove-los autores e autoras en lingua galega de literatura infantil e homenaxea-lo escritor falecido en 2017.

O premio, segundo indica a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, considerará un único relato gañador, ao cal se lle asigna unha dotación económica de 3.000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o repartimento de exemplares entre a rapazada da Pobra. Engade que “este certame xa está consolidado e camiño de converterse nun dos premios galegos de referencia na literatura infantil.”

O galardón recaeu nas cinco anteriores convocatorias en Os Fantom, de Patricia Mallo; O enigma do baúl pechado, de Xosé Antonio Neira Cruz; a terceira edición quedou sen adxudicar ao estimar que ningún dos textos acadaba a suficiente calidade literaria; repetiu Neira Cruz con Por mor de cinco pizzas aos catro queixos; e Teño un volcán dentro, de María Canosa.

Outros artigos

Mércores, Santo Isidro, xornada cuberta e chuvascos

O mércores, festividade de Santo Isidro e festivo local en Rois, na comarca espérase un día maiormente nubrado, con posibilidade de choivas dispersas ao longo do día. As temperaturas oscilarán entre os 15°C e os 20°C, con ventos suaves do suroeste. O noso mar: Vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...