“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

28 Novembro 2023

Case que dous anos despois do naufraxio en Terranova do arrastreiro de Marín “Villa de Pitanxo”, seguen as contradicións nas declaracións do patrón e un sobriño deste, as da casa armadora Nores, e un mariñeiro ghanés, tripulante do buque afundido a cuxas teses se sumou esta semana outro extripulante do mesmo buque nas declaracións realizadas o luns na Audiencia Nacional que responsabilizan en gran medida a Juan Enrique Padín, patrón do arrastreiro, no naufraxio deste en augas de Terranova o 15 de febreiro de 2022.
Na sala sobrevoou un argumento utilizado por Samuel Koufie, mariñeiro ghanés e sobrevivente do naufraxio, que mantén desde o principio que o afundimento do arrastreiro foi debido a un sobreesforzo realizado cos sistemas de tracción do Villa de Pitanxo para “meter” a bordo unha gran copada de peixe cando as condicións de mar e vento reinantes recomendaban arriar os aparellos e poñerse á capa.
Quedou tamén no aire a contradición entre as partes declarantes no que atinxe ás condicións de seguridade a bordo: mentres que o patrón fai firme que no Villa de Pitanxo se facían simulacros de sobrevivencia e contraincendios (tal e como estabelecen as normas) Samuel Koufie alegou que nunca nas dúas mareas que botou a bordo do Villa de Pitanxo se realizaran eses simulacros de sobrevivencia, abandono de buque ou por causa de incendio a bordo, malia saberen todos que era norma de obrigado cumprimento.
A escaleira exterior da cuberta superior non existía, motivo polo que non se podía acceder a onde estaban as balsas salvavidas. Este feito obrigou aos mariñeiros a cruzar a ponte do barco para poderen chegar ás balsas. O arrastreiro escorou de babor, o que impedía o desprazamento dos mariñeiros por esta banda.
A todo isto suman os extensos horarios de traballo: ata 24 horas seguidas.
No naufraxio faleceron 21 tripulantes.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.