O venres Galicia comezará cun réxime de ventos do noroeste que deixan aire frío e inestabilidade atmosférica, con chuvascos, ocasionalmente tormentosos e acompañados de sarabia, de neve en cotas arredor dos 1200 metros. A partir do mediodía os ventos irán collendo compoñente sur e cara á noite chegará unha nova fronte que deixará chuvias en toda a Comunidade e un ascenso das temperaturas, acadándose os valores máis elevados á noite. O vento soprará forte no litoral e moderado con refachos fortes no interior.
Atención para venres 03: Continuará a situación moi complicada no mar, con ondas superiores aos 7 metros. Precipitacións intensas e persistentes cara á noite.

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 5 a 7 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Media vaga á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 7 a 8 metros á mañá e 5 a 6 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



