“Serguéi Jrushchov confesoume o que nunca foi publicado” – Manuel Domínguez

22 Novembro 2023
O autor do artigo con Serguéi Jrushchov

Serguéi Jrushchov me confesoume o que nunca foi publicado.

Foron 13 días de amargura total, quen o viviu, se a memoria non o esquece recordarán a ameaza nuclear, había medo, si que había medo.

En outubro de 1962, fotografías aéreas obtidas por un avión de vixilancia O-2 do exército norteamericano sobre a illa de Cuba revelan que os soviéticos están a colocar armas nucleares no país caribeño. O presidente John F. Kennedy e os seus colaboradores ordenan o bloqueo da illa de Cuba.

Podíase vivir o medo á ameaza nuclear.

Sergio Jrushchov veu impartir unha conferencia á cidade de Newborgh (New York) e despois do evento nun á parte mantivemos un dialogo, falamos sobre aqueles días de 1962, foi un pequeno debate, no que eu expoña os meus razoamentos, el ante os presentes, en agradecemento aos coñecementos que eu achegaba, díxolles, “ben direiche algo que non foi publicado en ningún medio, e certo é que non esta publicado nin medios escritos, nin televisivos”.

Díxome: “Robert Kennedy chamoume para que eu influíse sobre o meu pai”.

Imaxínome a escena, dous mozos tentando influír en evitar o que ocorrería na III Guerra Mundial, esa guerra, sería con paus e pedras, sería o regreso á prehistoria.

No debate, os americanos falaban que gañou Kennedy ao retirar Rusia os mísiles de Cuba, eu imparcial, a pesar da miña simpatía polos Kennedy, aleguei que USA retiraría os vellos mísiles de Turquía, co cal quedaron empatados, é máis gañou o mundo libre, non se pode vivir baixo o medo da ameaza.

Eran os tempos da Guerra Fría.

O 23 de xuño de 1963, Kennedy visita Berlín, onde di celébrea frase de “Eu son Berlinés”.

De todo iso van alá 61 e 62 anos.

Unha memoria para o recordo.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.