Rosana Pérez reclama a Mar medidas excepcionais para o sector marisqueiro

22 Novembro 2023

A deputada do BNG Rosana Pérez emprazou ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a tomar “medidas excepcionais” ante a “gravísima situación” que está a sufrir o sector marisqueiro pola falta de produtividade das rías e as toneladas de marisco morto que estes días cobren aínda algunhas praias do país.

Nunha interpelación ao responsable da Xunta do PP, asegurou que “o deste ano non é o primeiro episodio dramático que se vive no sector marisqueiro, que leva unha década advertindo da baixa produtividade sen que”, asegurou, a Consellería aporte solucións. “A Consellería do Mar exemplifica case como ningunha outra a parálise deste Goberno, a falta de ideas e tamén a xigantesca maquinaria propagandística que teñen creada”, asegurou.

Rosana Pérez lembrou que no que vai de ano a Consellería achacou os episodios de mortaldade do marisco primeiro ao calor e máis tarde ás choivas, pero “sen os necesarios estudios que o avalen e sirvan para recoñecer e diagnosticar o problema”, dixo. E subliñou que “episodios semellantes xa aconteceron outros anos sen que a Xunta tomara medidas, mentres o sector é cada vez máis reducido”.  No 2012, precisou, había 3.954 mariscadores e mariscadoras a pé, e hoxe hai apenas 3.600. Os buques de artes menores, agregou, baixaron de 4.059 a 3.700.

Para poñer énfase na importancia que o sector ten para a economía galega, a deputada do BNG salientou que “na actualidade o marisqueo xera en torno a 4.500 postos de traballo directos, arredor dun 64% dos 7.000 de Stellantis ou máis da metade dos de Gadis”.

Tras expoñer os datos, reprochou ao conselleiro o “pírrico” crecemento dos orzamentos para o vindeiro ano (un 1,2%), uns orzamentos que, segundo explicou, “apenas superan os 214 millóns de euros e que son insuficientes para resolver os problemas que atinxen ao sector pesqueiro e marisqueiro, máxime cando non se executan (no 2022 de 194,1 millóns non se executaron 46,8) ou se recortan programas que permitirían realizar intervencións nas rías”.

Rosana Pérez expuxo ante o conselleiro as demandas do sector, que comparte o BNG, e que pasan en primeiro lugar “por realizar estudios e investigacións sobre a situación das rías para ir á orixe do problema e tomar medidas para resolvelo ou cando menos, palialo”. “Non chega con poñer parches puntuais”, denunciou.

Demandou así mesmo “unha regulación sobre o baleirado dos encoros co obxectivo de evitar os efectos negativos nas rías” e, neste punto, emprazou ao responsable de Mar a exercer as súas competencias porque “un goberno se debe aos administrados, non ás eléctricas”.

Pediu tamén que “non se permitan actuacións ou non se dean autorizacións a instalacións que atentan claramente contra o medio ambiente e contra a calidade das augas”, como a mina de Touro ou a de San Finx, dixo.

Outra das cuestións que pide ao sector, engadiu Rosana Pérez e que “dunha vez” a Xunta tome en serio o saneamento das rías, actuando para eliminar os sentidos. Lembrou que esta é unha actuación que a Xunta do PP comprometeu xa para 2013.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...