Ribeira celebra un acto homenaxe ás Irmandades da Fala

18 Novembro 2023

Ribeira homenaxeou este sábado ás Irmandades da Fala, un movemento cultural, lingüístico e político que deixou unha pegada indiscutible na nosa historia.

Izouse a bandeira galega no Castro de Castiñeiras, ca Illa de Sálvora ao fondo, saldando así unha débeda que o Concello de Ribeira tiña coas Irmandades da Fala; porque foron os seus membros os que en 1921, homenaxearon a valentía de Josefa Parada, Cipriana Oujo e María Fernández; que se tiraron ao mar nunha pequena dorna para rescatar aos náufragos do Santa Isabel.

Intervención do Alcalde de Ribeira:

Autoridades, veciños e veciñas que nos acompañades, grazas a Barbantia pola colaboración neste acto e tamén ao profesor Carlos Callón polas súas palabras.
 
É un luxo poder estarmos hoxe aquí, no Castro de Castiñeiras, un lugar privilexiado entre a terra e o mar cun fondo espectacular como é a Illa de Sálvora.
 
Hoxe rendémoslle unha merecida homenaxe ás Irmandades da Fala, un movemento cultural, lingüístico e político que deixou unha pegada indiscutible na nosa historia. Estas irmandades, nacidas nun momento crucial -1916 até 1931-, convertéronse en gardiáns
apaixonadas da nosa lingua e cultura. Tal foi o seu empeño que fundaron o xornal “A Nosa terra”.
 
As Irmandades foron un faro que ilumina e guía aos navegantes, nun tempo no que a identidade cultural estaba ameazada, foron a fiel defensa da lingua galega con valentía e determinación. O seu compromiso coa preservación da riqueza lingüística e a expresión
cultural foi un legado que debe ser obxecto de lembranza e de homenaxe.
 
Como ben dicía, este espazo non é froito da casualidade, se se fixan, temos de fondo a espectacular illa de Sálvora da que falaba ao comezo da miña intervención. Pois ben, con esta homenaxe, hoxe saldamos unha débeda que o Concello de Ribeira tiña coas
Irmandades da Fala. Digo isto porque foron os seus membros os que en 1921, homenaxeou a valentía de tres mulleres heróicas e valentes. Estou a referirme a Josefa Parada, Cipriana Oujo e María Fernández que se tiraron ao mar nunha pequena dorna para rescatar aos náufragos do Santa Isabel ese vapor que afundiu nese mesmo ano deixando 213 falecidos.
 
Hoxe, lembramos con gratitude a aqueles que formaron parte destas Irmandades, como Antón Vilar Ponte, Vicente Risco, Castelao ou Otero Pedrayo pola súa dedicación incansable e a súa visión dun futuro no que a nosa lingua e cultura florecesen. Mais
tamén queremos lembrar ás mulleres que traballaron e dedicaron esforzos para deixar un sinal perdurable na historia de Galiza como foron Concepción González Varela (música), Micaela Chao, Genoveva Casal, María Miramontes e tantas outras.
 
Remato, mais non sen antes animar a que sigamos inspirándonos no espírito das Irmandades da Fala, cultivando o noso amor pola lingua e a cultura galegas. Que esta homenaxe sexa hoxe un alento máis nese camiño no que procuramos preservar as nosas
raíces, e que poidamos seguir construíndo un futuro no que Galiza, a súa lingua e a súa cultura continúen sendo un tesouro compartido polas xeracións vindeiras.
 
Moitas grazas.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...