Ribeira vai acoller o vindeiro 8 de decembro un concerto solidario e benéfico de Callejeros Barbanza, entidade comarcal que vela polo benestar e a calidade de vida dos animais. Será no Espazo Municipal de Usos Múltiples (carpa da rúa de Galicia), ás 20 horas. A actividade vén da man das Concellerías de Cultura e Benestar Animal de Ribeira. A axenda comezará cunha mostra de kickboxing a cargo de El Barrio – Barra a prezos populares. Logo será a quenda dos concertos, con artistas como Thais Suki, Amores de Barra, Brumeigho Folk ou Jete.



