O Concello de Rianxo compartiu a axenda de actividades culturais para este comezo do mes de decembro, unha axenda que inclúe non só a accións organizadas pola Área de Cultura do Concello, senón tamén aquelas outras propostas organizadas por outras entidades do municipio.
VENRES 01 DE DECEMBRO
- Do 01 ao 26 de decembro. Sala de exposicións do Auditorio (Rianxo). Exposición, Entreluces de Garea.
- 20.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Proxección, O Lavadoiro.
SÁBADO 02 DE DECEMBRO
- 10.30 h. Araño. II Muiñada no Te.
- 20.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro, Made in Galiza de Sarabela Teatro.
EXPOSICIÓNS:
- Do 17 de novembro ao 12 de decembro. Exposición, Súper Pop, obras de María Eugenia Reiriz, organizada pola Asociación Ambar en colaboración co Concello de Rianxo.
- Do 01 ao 29 de decembro. Exposición Entreluces de María José González Area.