
Este mércores a entidade AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos de Alzhéimer) organizou unha excursión interxeracional á illa de Sálvora (Parque Nacional das Illas Atlánticas), na que participaron nenos do concello de Ribeira e persoas maiores usuarias da entidade, en total case 200 persoas.

A viaxe encadrouse no proxecto Camiño de Lembranzas. Participaron cativas e cativos dos colexios colexios de Palmeira, Carreira, Heroínas de Sálvora (Aguiño) e Castiñeiras e a un grupo con persoas maiores da entidade, todos vestidos con camisetas conmemorativas. O obxectivo desta actividade “foi fortalecer os vínculos coa comunidade, as relacións entre xeracións e concienciar sobre o respecto a natureza”.

A actividade, organizada co obxectivo de fomentar a inclusión, promover o contacto entre distintas xeracións e concienciar sobre a importancia de coidar a contorna, realizouse no marco do proxecto Camiños de Lembranzas. Illas Atlánticas-Sálvora, que contou co respaldo do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia.

Durante a xornada, os 101 alumnos dos colexios do Barbanza, CEIP de Palmeira, CEIP de Carreira, CEIP Heroínas de Sálvora, de Aguiño e Sagrado Corazón de Xesús de Castiñeiras, xunto con 13 profesores, tiveron a oportunidade de interactuar con máis de 80 persoas maiores pertencentes aos talleres de Envellecemento Activo e Cultiva ou Corpo que AGADEA ten en Santiago e Ribeira. Os maiores compartiron os seus coñecementos e experiencias, transmitindo así a importancia de protexer a contorna para as futuras xeracións.

Anteriormente, os membros de AGADEA visitaran estes colexios establecendo dinámicas e xogos para coñecer a flora e fauna da illa.

Os participantes regresaron cunha maior conciencia sobre a importancia de coidar a contorna natural e con recordos inesquecibles dunha xornada chea de diversión e aprendizaxe.




