Portos de Galicia solicita ao goberno central informe para licitar as obras do peiaro e dársena de Muros

26 Novembro 2023

Portos de Galicia vén de remitir á Dirección xeral da Costa e o Mar, do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto
Demográfico, a solicitude de informe de compatibilidade coa estratexia mariña en relación ás obras de reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior do porto de Muros. Este informe resulta imprescindible para completar a tramitación ambiental da obra e poder licitar uns traballos que, por parte da Xunta de Galicia, contan cunha partida orzamentaria de 100.000 euros comprometidos para 2024 e 50.000 para 2025.
Portos de Galicia ten prevista a execución en 2024 dos traballos que consisten na reconstrución dun tramo de peirao de 18 metros de lonxitude. Esta zona do peirao presenta unha situación problemática de estabilidade polo que se demolerá o tramo
afectado ata a súa cimentación. O proxecto de Portos de Galicia inclúe tamén a reposición de todos os elementos e servizos afectados durante a execución do novo tramo de peirao.
Esta solicitude de informe para as obras previstas en Muros súmase a outros 14 informes polos que Portos de Galicia agarda a día de hoxe para poder avanzar na execución doutros tantos proxectos para os portos de Viveiro, Portosín, Porto do Son, San Adrián de
Cobres, Palmeira, Santa Mariña de Ponteceso, Corme, Camariñas, Miño, Pontedeume, Maniños-Barallobre, Testal, A Toxa e Sanxenxo. Nalgúns casos os tempos de espera polos informes que condicionan a execución efectiva das obras superan o ano.

Outros artigos

Fin de semana pasado por chuvia localmente forte

Na xornada do sábado pola mañá teremos precipitacións febles e persistentes na franxa atlántica. Co avance da tarde as precipitacións iranse intensificando e xeneralizándose pola noite, terán intensidade localmente forte. As temperaturas mínimas sen cambios e as...

+

Arranca a Festa do Marisco do Grove

Aínda que xa estamos metidos no outono, hoxe comeza a que podería cualificarse como a última gran festa do verán: a do Marisco do Grove. Vaise estender durante dez días e adoitan acudir moitos visitantes de fóra de Galicia a esta festa declarada de Interese Turístico...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión