“Ollo co piollo!”. Luís Celeiro

09 Novembro 2023

As carrachas estaban nas flores das xestas e dende alí pasaban correndo e invisibles aos
sobacos tenros dos que coidaban ou pastoreaban as ovellas ou ao lombo do can, por onde se movían ás súas anchas, chupando do sangue, medrando e multiplicándose ata a invasión de tódalas zonas brandas ou do corpo enteiro.
Agora son as chinches, eses pequenos insectos chupadores que pican e maltratan a aqueles
nos que se pousan. Veñen de lonxe e chegan a onde se queira que cheguen para que a
xente rasque o seu corpo e rañe nel coas unllas, ata que o sangue corra e molle os calcetíns,
aínda que sexan de algodón puro, cen por cen.
Gústanlles as peles limpas e con cheiro a colonia de calidade, a vainilla, a piña ou a melocotón. As chinches son inimigas do turismo e da xente lavada, son a ruína dos comerciantes hostaleiros, dos albergues de peregrinos, dos prestixiosos establecementos de fonda e pousada. Son como unha praga que non mata, pero afoga.
Eses perigosos insectos que se alimentan do sangue dos animais e das persoas, son transmisores de enfermidades malas, algunhas delas con perigo mortal. Déixanche o mal no corpo mentres chupan e, dun corpo van a outro, tan campantes, picando e chupando. Os mosquitos son perigosos, capaces de inxectar enfermidades que poden ser graves, como o Dengue, a Malaria, a Febre Amarela ou a Filariose. E tamén hai enfermidades que se
transmiten por picaduras de moscas, carrachas, pulgas, piollos ou chinches. Cómpre atallar a esta bichería, que se estende por onde máis mal fai, polas pernas e polos brazos, polo peito e o lombo, polo corpo ferido de calquera amigo, polas entrañas dos pobos máis pobres, mancados con esas úlceras que nunca máis cicatrizan.
Como advirte a Tía Manuela, na política e no rascar, ollo co piollo! Aí está, hai que catalos, espelir as pulgas, rañar o nariz, cofar a testa e o carrelo, sulfatar as patacas para matar o escaravello, aquel inventado para crear, gastar e vender o remedio axeitado, o máis eficaz e apropiado.
As chinches son diminutas e planas, fanse invisibles e viaxan escondidas ata onde poden asentarse comodamente e as femias deixar os ovos, centos de ovos nunha soa vez. Centos de insectos, en grupo e sen niño, buscando o sangue dalgún humano para seguir poñendo ovos. Unha verdadeira praga difícil de exterminar.
Quedan nas almofadas, nos colchóns abrigadas e nos recunchos do cuarto. Ou van coa xente de pensión en pensión, de hotel en hotel; en coche, en tren, no autobús de longa distancia ou no de percorrido, propiamente, local. Alguén terá que matalas, alguén deberá responsabilizarse da limpeza, da hixiene necesaria e conveniente. Quen será?

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.