O TS desestima o recurso de Sociedade Galega de Ornitoloxia contra o Plan Reitor do Parque da Illas Atlánticas de Galicia

27 Novembro 2023
Corvos mariños (cormoráns) nas Illas Atlánticas

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo desestimou o recurso da Sociedade Galega de Ornitoloxia para o Estudo e Conservación das Aves Silvestres contra o Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O Supremo confirma a sentenza, do 24 de setembro de 2021, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e subliña que “ao Plan Reitor correspóndelle establecer un marco regulamentario xeral para a protección do espazo do Parque, incluíndo diversas previsións relativas á conservación das aves”, pero “a protección específica e de detalle no que ás aves refírese correspóndelle ao Plan Director da Rede Natura 2000 Galicia”.

Por iso, a sentenza explica “que ao Plan Reitor non se lle pode imputar deficiente regulación con efectos invalidantes por non regular as artes de pesca tradicionais para facelas compatíbeis coas zonas de alimentación das especies de aves mariñas ou a sobreexplotación”.

O Supremo lembra que “a Rede Natura goza dun Plan Director aprobado mediante Decreto 37/2014, do 27 de marzo, que como instrumento de planificación e xestión establece un conxunto de obxectivos e medidas de xestión para os espazos naturais que se inclúen no seu ámbito de aplicación, coa finalidade de asegurar un estado de conservación favorábel dos tipos de hábitats naturais e das especies de interese comunitario da Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, e das especies de aves ás que se refire o artigo 4 da Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro.

En todo caso, o tribunal conclúe que a vixente Lei de Parques Nacionais contempla como contido “optativo” dun Plan Reitor de Uso e Xestión dun Parque Nacional as medidas de compatibilidade entre as actividades económicas tradicionais a desenvolver no interior do espazo protexido obxecto de planificación e as medidas de conservación das especies e ecosistemas concernidos, podendo tal determinación realizarse noutros instrumentos normativos sempre que teñan unha finalidade protectora desas especies e ecosistemas, como singularmente acontece no noso caso co Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia e os seus instrumentos de desenvolvemento.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...