O PP de Muros pide ao Goberno de Sánchez o mesmo trato para as vivendas afectadas por Costas que lle deu a zona deportiva de Hondarribia

27 Novembro 2023

O grupo do Partido Popular no Concello de Muros reclamou hoxe, a través da súa voceira, Inés Monteagudo, que o Goberno de Sánchez “brinde o mesmo trato para as vivendas do municipio afectadas por Costas que o que lle deu a zona deportiva de Hondarribia”, en Euskadi. Os populares muradáns lembran que “corenta veciños da parroquia de Santa Mariña de Esteiro recibiron en agosto notificacións do Catastro informándolles de que as súas terras pasaban a ser titularidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e, desta maneira, serían catalogadas como parte do dominio público marítimo terrestre”. A xuízo do PP local, “o PSOE vén acaba de pactar con PNV o traspaso dos asuntos pendentes en materia de ordenación do litoral, exactamente o mesmo que reclamamos en Galicia e que Pedro Sánchez está a negar”. Monteagudo engadiu que “con esta decisión, o Goberno é arranxar o desafectando parte do litoral vasco, que deixa de ser dominio público e entrégallo en propiedade ao País Vasco”.

A popular sinala que as dúas comunidades teñen competencia exclusiva en ordenación do litoral e só lles falta a transferencia de medios e servizos para a xestión do Dominio Público Marítimo Terrestre (DPTM) outorgando autorizacións e concesións.
“Estamos ante unha proba máis do maltrato de Sánchez a Galicia e das consecuencias do pacto de goberno que teremos que sufrir todos os galegos”, apuntou Monteagudo, quen tildou a decisión tomada en Hondarribia como una “agravio comparativo sen precedentes”.

Por último, a popular, quen cargou tamén contra o BNG, ao que acuso de “regalar Galicia ao estado a cambio de nada”, reclamou para os veciños de Muros a “mesma vontade política” que Pedro Sánchez si tivo para solucionar o problema de Hondarribia. “Todo o que non sexa así, supoñerá que os socialistas tratan aos galegos como cidadáns de segundo e o Partido Popular non quedará de brazos cruzados ante estes comportamentos”, concluíu Monteagudo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...