O pleno de Boiro abordará o Plan de Mobilidade Sustentábel, a regulación do estacionamento de caravanas ou o apoio aos bombeiros comarcais

21 Novembro 2023


O Concello de Boiro celebra este xoves día 23 ás 20.00 horas a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de novembro. O pleno poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello. Trataranse cuestións de importancia para o municipio como a aprobación do ditame do Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel ou da ordenanza municipal reguladora do estacionamento de autocaravanas e caravanas. Tamén será abordada a moción do BNG sobre apoio ás reivindicacións laborais dos bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira.

Orde do día da sesión

1. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre o Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel do Concello de Boiro.

2. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación da Ordenanza Fiscal núm. 12 reguladora da Taxa polo servizo de cemiterios.

3. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a modificación do regulamento do funcionamento do servizo de axudas técnicas.

4. Aprobación inicial, se procede, do ditame sobre a ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro.

5. Aprobación, se procede, do ditame de aprobación da encomenda de xestión á Mancomunidade de Concellos Ría de Arousa Zona Norte para a realización das accións e tramitacións das licitacións recollidas na solicitude da axuda tramitada co expediente TUR.CAMINO2022-011.

6. Moción do grupo municipal do BNG en relación coa celebración do día 25 de novembro.

7. Moción do grupo municipal do BNG de apoio ás reivindicacións laborais dos bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira.

Outros artigos

Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.