“O falar das pedras”. Luís Celeiro

30 Novembro 2023

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando o sentir dos vivos e da natureza viva nas pedras que se agochan nas beiras do camiño, alí onde están as lembranzas, onde está a historia enteira, contada e sen contar.
As pedras teñen o seu propio idioma e a sociedade culta, intelectual e preocupada polo que fomos e polo que seremos, interpreta o seu dicir. Interprétao e anúnciao, a modo de saber, de crer e de mirar ou de pescudar. “O futuro esta escrito nesas pedras”, dicía e afirmaba a xornalista Carmen Viejo, cando paseaba cos seu amigos polas contornas da cidade granadina de Guadix. A natureza relata o sentir do universo, a configuración orográfica con todos os relevos montañosos ou daquela outra superficie plana.
Para escoitar e interpretar o falar das pedras, Juan Manuel Abascal Palazón e Alberto López Fernández presentan un libro, editado e elaborado no marco dos traballos da Fundación L. Monteagudo, sobre a epigrafía romana na provincia de A Coruña, con fotos do xornalista José Manuel Salgado e coa promesa de seguir dando notas do que está escrito en pedras espalladas pola xeografía de Galicia.
Xerardo Pereira Menaut, o que foi catedrático de Historia Antiga da Universidade de Santiago, sabía moi ben que o falar das pedras era historia verdadeira, sabía -como saben tamén os seus colegas- que, na sociedade actual, o territorio e a súa organización, a paisaxe e a súa conservación preocupan aos investigadores e, neste contexto, os historiadores dirixen as súas preguntas ao pasado. Que pasaría? Que sería de nós?
Moitas outras preguntas están no aire agardando resposta da ciencia. Quen promoveu a organización territorial? Para que se fixo e a que intereses serve? Aí está, cómpre ler nas pedras para descubrir o que poido pasar. As pedras, escoitan, falan e contan o pasado, como se fosen libros que están sempre abertos na páxina precisa, na que está escrito o dato que buscas, aquel que axuda á reflexión e promove o interese polo saber e, xa que logo, pola aprendizaxe.
A Tía Manuela tamén entende que para escoitar o falar das pedras, hai que ler e estudar no pasado, mirar para Santa Comba de Bande e para a Torre de Hércules, andar pola Muralla de Lugo, por Pontevedra, por xunto das Burgas, pola Ribeira Sacra, polo Courel, os Ancares, Lóuzara e o Mosteiro de Samos.

Outros artigos

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

+

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...

+

“Organizacións pesqueiras” – José Manuel Pena

Cada vez hai menos capturas, menos pescadores e poucos ingresos por iso é polo que sexa importante para o sector extractivo asistir ao xerme de novas organizacións pesqueiras nas rías galegas que pretendan, entre outras iniciativas, implantar a comercialización dentro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Hispanidad, motivos para celebrar”. José Antonio Constenla

“La Hispanidad, motivos para celebrar”. José Antonio Constenla

El 12 de octubre de 1492 es más que un año del S. XV, es una de esas fechasque marcan el devenir de la humanidad. Un viaje convertido en gestaprácticamente suicida: navegar 70 días el Atlántico en un pedazo de madera,con la convicción inquebrantable de estar haciendo...