O Estadio da Alta será epicentro dun Campionato de Cros escolar no 30 de novembro

28 Novembro 2023

Centros de ensino e ANPA dos municipios da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón participarán nun Campionato de Cros escolar que terá lugar no Estadio Municipal da Alta no 30 de novembro, a partir das 11.00 horas.

Reunirá no total máis de 1350 rapaces/as. Trátase dunha proba organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, ó abeiro do programa Xogade, coa colaboración da Concellaría dos Deportes, a Agrupación Deportiva Escolar As Rías e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, traslada o apoio da Administración local a iniciativas que vaian na senda de “fomentar hábitos de vida saudábeis entre a rapazada a través do deporte; nesta ocasión, coa implicación da comunidade educativa, ó mesmo tempo que se facilita a práctica de diferentes disciplinas deportivas.”

As categorías que tomarán parte desta cita deportiva son a de benxamín/a, alevín/a, infantil e cadete, tanto masculino coma feminino, que deberán completa-la distancia correspondente.

Establécense dúas clasificacións: individual e por equipos. Daránselles medallas ós/ás 15 primeiros/as clasificados/as por modalidade.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.