Ao abeiro do programa de encontros participativos O Concello nas Parroquias (xuntanzas convocadas para establecer diálogo directo coa veciñanza dos núcleos e atender de primeira as súas demandas e propostas) o Concello de Rianxo organiza este mércores 22 de novembro unha xuntanza de traballo e colaboración no Centro Social da Capela, en Araño. Participará o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo. Está convocada a participar toda a veciñanza do Araño.
O obxectivo da iniciativa #OConcellonasParroquias é recoller todas as demandas e suxestións que se lle queiran propoñer ao equipo de Goberno local de Rianxo.
A cita do Araño dará comezo ás 19.30 horas no dito centro social.
