O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta mantivo unha reunión coa operadora de telecomunicacións local Toxo Telecom, da man de Rede Aberta, co propósito de coordinar o despregadura de rede de fibra en todo o termo municipal. “Necesitamos levar a conectividade de fibra óptica a cada recuncho do municipio e garantir unha cobertura integral que abarque tanto as zonas urbanas como tódalas parroquias do municipio”, afirmou o concelleiro.
Segundo explicou, a xuntanza foi “un paso crucial no esforzo conxunto para impulsar a infraestrutura no municipio”.
A empresa, pola súa parte, expresou o seu compromiso coa mellora dos servizos de Internet e a creación de oportunidades para o desenvolvemento económico e social; e comprometeuse a finalizar a despregadura de rede o vindeiro ano.