O Concello de Outes crítico cos prazos das subvencións da Xunta

09 Novembro 2023
Exterior da piscina de OUtes

O Concello de Outes, a través do seu alcalde Manuel González, vén de manifestar o seu “enfado e preocupación” polo procedemento que aplica a Xunta de Galicia na convocatoria e resolución de subvencións aos concellos. Segundo manifestou o mandatario outense, “é habitual que a Administración autonómica resolva a adxudicación de axudas destinadas a investimentos a mediados de ano e obrigue a que ditos investimentos estean realizados e xustificados en novembro dese mesmo ano”. Porén, explica que “cando se trata de realizar obras dun importe que supera o contrato menor, eses prazos fan case imposíbel xustificar a subvención en tempo, pois o procedemento de licitación soe prolongarse no menos de 3 meses, polo que o prazo para realizar a obra e certificala son mínimos”, indicou Manolo González, engadindo que “esta é xustamente a situación que se está a dar coa subvención que vén de percibir o Concello de Outes para mellora da eficiencia enerxética e arranxo da cuberta da Pisicina Municipal”.

No escrito compartido o Concello fai saber que “a Xunta de Galicia non comunicou ao Consistorio a resolución da axuda até o 30 de Maio polo que a Administración local non puido adxudicar a obra, que ascende a perto de 140.000 €, até principios do mes de outubro”. Segundo informa o rexedor, “a obra xa comezou, pero as inclemencias metereolóxicas están complicando a execución da mesma, como xa lle foi transmitido aos responsábeis autonómicos, polo que é moi complicado que se poida rematar para o 30 de novembro, como calquera persoa pode entender, dada a natureza das obras”. O alcalde, se ben recoñece que a Xunta anunciou unha ampliación do prazo inicialmente previsto, este, sinala, ” resulta irrisorio”, posto que o prazo pasou do 15 ao 30 de novembro.

Por ese motivo Manuel González insta á Xunta de Galicia a que “flexibilice os prazos de xustificación das subvencións, para que poidan facerse polo menos ao longo de dous exercicios, ao igual que xa fai Deputación da Coruña coas obras do Plan de Obras e Servizos”.

Outros artigos

Luns con chuvascos intermitentes diminuindo pola tarde

Tras o paso da fronte da xornada anterior, Galicia queda este luns na área de chuvascos. Agárdase unha xornada de ceo cambiante e chuvias intermitentes que irán remitindo ao final do día; poderán ser de neve por riba dos 1200 metros. As temperaturas seguirán sen...

+

A Pobra prende as luces de Nadal

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal. Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...