O Concello de Dodro lanza un concurso participativo para elaborar coa veciñanza o calendario municipal 2024

10 Novembro 2023

O Concello de Dodro lanzou unha iniciativa de participación cidadá para a elaboración do calendario anual municipal, que se elaborará coas imaxes antigas que a cidadanía aporte a través dun concurso. Neste certame, as imaxes gañadoras servirán para confeccionar o calendario 2024 editado dende o Consistorio. O obxectivo é “recuperar vellas fotografías de Dodro”.

Poderán participar todas as persoas, maiores de 18 anos, que o desexen. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías. O formato será apaisado, en branco e negro ou sepia e enviaranse nomeadas cun título ou frase que as describa.

Os participantes enviarán as imaxes ao correo info@dodro.gal seguindo as indicacións das bases.

O Concello engade que as persoas que non dispoñan de medios electrónicos “poderán empregar o equipamento da aula de informática municipal da Casa da Cultura para a dixitalización e presentación das imaxes e documentos precisos”.

O prazo de presentación de imaxes rematará o vindeiro 24 de novembro. O xurado estará formado por representantes municipais, técnicos da área de cultura e un profesional da fotografía, publicidade ou xornalismo. Os gañadores recibirán como premio cinco exemplares do calendario que se edite.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...