O Concello da Pobra comunica a Mobilidade necesidades por solucionar na estación de autobús

02 Novembro 2023

O peche da cafetaría da estación de autobús da Pobra do Caramiñal, que deixou a instalación sen servizo de iluminación, limpeza e acceso aos baños, o que motivou as queixas das persoas usuarias do transporte público, fixo que o Concello da Pobra do Caramiñal comunicase á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade -ente con competencia nesta instalación- a súa preocupación polo deterioro na calidade de servizo da estación. Tamén motivou que entrementres a Administración local asumira a recollida do lixo.

O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira da Mobilidade, Rosana Pérez, mantiveron neste 2 de novembro un encontro coa xefa do Servizo das Infraestruturas da Dirección Xeral da Mobilidade, Tamara Subiela, para solicitar o restablecemento dos ditos servizos, “pois son as necesidades máis urxentes”, explicaron Pérez e Vidal. Adquiriuse o compromiso de solucionar todo isto, ademais de incrementa-la sinalización.

Outras das intervencións que o Concello considera que a Xunta de Galicia debe efectuar no recinto son “a mellora da incorporación á estrada dos autobuses, avanzar en materia de accesibilidade e buscar unha alternativa para reforza a pérgola co obxectivo de incrementar a protección cara ás inclemencias meteorolóxicas”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.