O Centro Ambar recibiu a visita de Luis Pérez Barral, alcalde de Ribeira

07 Novembro 2023

O Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional recibiu a
visita de Luis Pérez Barral, alcalde de Ribeira, acompañado de Cruz Rivadulla, concelleira de
Educación e Vicente Mariño, concelleiro de Servicios Sociais. Tamén estivo presente Conchi
Martínez, membro do Partido Barbanza Independiente.

Na súa chegada ao centro recibíronos Milagros Rey, presidenta de Ambar; Helena Teira,
coordinadora xeral da entidade; Alicia Romero, secretaria de Ambar e Rosana Olveira,
responsable do servizo de atención diúrna.
Durante a visita coñeceron os diversos espazos, salas e obradoiros que se levan a cabo no
Centro de Recursos. Tiveron a oportunidade de coñecer ás persoas usuarias que se
encargaron de explicarlles as actividades que levan a cabo e explicaron os distintos proxectos
que se realizan dende a Asociación.

Durante esta xornada, os representantes do concello tiveron oportunidade de coñecer de
primeira man os proxectos e necesidades que van aparecendo na andadura de Ambar.

Tanto profesionais do equipo como persoas usuarias do centro estiveron encantados de recibir
esta visita e amosaron gran agradecemento e disposición para volvelos recibir cos brazos
abertos en futuras ocasións.

Outros artigos

Sábado 8, intervalos nubrados e algún chuvasco illado

Este sábado,8 Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará unha xornada de ceos con intervalos nubrados e a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, especialmente no noroeste durante as primeiras horas do día. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.